O APRENDIZAXE DA LECTO-ESCRITURA NA IDADE INFANTIL:

Os nenos/as comenzan a construir o seu propio sistema de lectura e escritura xa antes de iniciar o ensino escolar.

As “ETAPAS” polas que pasan nesta adquisición do proceso lecto-escritor son, resumidamente, as seguintes:

  • ETAPA INDIFERENCIADA:

Ó chegar á escola a meirande parte dos nenos/as xa estableceron a diferencia entre debuxar e escribir.

  • ETAPA PRESILÁBICA:

. Primeiras escrituras: Os primeiros intentos infantís de escritura producen uns signos que non son debuxos, pero tampouco son letras convencionais ainda que ás veces se lles parezan.

. Diferenciación entre letras e números: Os nenos/as decátanse de que hai dúas clases de signos gráficos (letras e números), e os usará indistintamente para escribir.

A partir de agora xa son quen de escribir calquera cousa (sempre tendo en conta que o fan según o seu propio criterio, e non empregando a escritura que todos nós coñecemos como convencional).

Nesta etapa os nenos/as elaboran diferentes hipóteses sobre a escritura:

- HIPÓTESE DE CANTIDADE: Crén que a cantidade de letras que ten unha palabra vai en función do tamaño ou da importancia do obxecto do que están a escribir.

Ex. Para escribir “OSO” pensan que fan falta máis letras que para escribir “CARACOL”.

- HIPÓTESE DE VARIEDADE: Ainda que somentes son capaces de escribir un pequeno número de letras ou signos (xeralmente as do seu propio nome), decátanse de que as palabras non se escriben todas igual, e por iso varían a orde desas poucas letras que coñecen có fin de escribir cousas diferentes.

Ex. Unha nena chamada LORENA podería escribir así unha lista de animais: ARELON

NORELA

NAO

LARO

LAEO

  • ETAPA SILÁBICA:

Antes ou despois os nenos/as van descobrindo que cada letra representa un sonido, polo que escribirán cada sílaba cunha letra ou grafía. Poderán pór círculos, paus, letras ou outros signos, pero xamáis se equivocan en pór tantos signos como sílabas ten a palabra. Polo xeral a estas alturas xa coñecen moitas letras, e probablemente elixan as vocais para escribir así:

EEAE = ELEFANTE

IE = TIGRE

Pero, cadaquén ó seu ritmo, descubren que a escritura non pode funcionar así porque:

- ¿Escribimos os monosílabos cunha soa letra? Ex. SOL = O

- ¿Hai palabras con tódalas letras iguais? Ex. CALAMAR = AAA

- ¿Escríbense igual palabras que son diferentes? EX. ESCOLA = EOA

CEBOLA = EOA

A solución atoparanna no emprego das consonantes, que comenzarán a utilizar pouco a pouco escribindo, por exemplo ODAD = ORDENADOR

RNCRT = RINOCERONTE

  • ETAPA SILÁBICO-ALFABÉTICA:

Cando descubren que unha sílaba pódese escribir con vocal ou con consonante os nenos/as deciden escribir as dúas. Transcurre entón un período no que se combinan escrituras silábicas con outras alfabéticas.

  • ETAPA ALFABÉTICA:

Pouco a pouco acábase por utilizar o alfabeto completo. Comenzan agora a xurdir os problemas propios da ortografía ¿maiúscula ou minúscula?,¿ B ou V?,¿ xunto ou separado?, ...

Agora sí que xa podemos dicir que o neno/a é quen de escribir cáseque correctamente calquera cousa que se propoña.