Páxina principal

A palabra acróbata provén do Grego Akrobatos que significa camiñar sobre a punta dos pés, pero popularmente podemos definir a palabra acrosport como o deporte no que un acróbata realiza exercicios ximnásticos e habilidades como saltos, equilibrios, etc. A Real Academia Española define ao acróbata como "aquela persoa que dá saltos, fai habilidades sobre un trapecio, a corda frouxa ou executa calquera outros exercicios ximnásticos nos espectáculos públicos".
 
Neste tipo de exercicios circenses de acrobacia podemos diferenciar dúas funcións ou habilidades diferentes:
PORTOR: sendo este a persoa que suxeita.
ÁXIL: sendo leste a persoa que realiza elementos de equilibrio e flexibilidade ou saltos acrobáticos en fase aérea mediante lanzamentos dos portores.
 
O acrosport é un deporte acrobático-coreográfico onde se integran tres elementos fundamentais:
  • Formación de figuras ou pirámides corporais.
  • Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións dunha figura a outras.
  • Elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas como compoñente coreográfico, que lle outorga a este deporte o grao de artístico.

Actualmente, desde 1999, este deporte incorporouse na Federación Internacional de Ximnasia.