Achegarse aos Arquivos Históricos e utilizar Fontes Primarias como ferramentas fundamentais na reconstrucción e interpretación dos acontecementos do pasado non son propostas didácticas habituais nos niveis de Ensinanza Secundaria. Con este traballo queremos contribuir a que estes documentos orixinais, que utilizan os historiadores no seu labor de investigación, podan ser coñecidos e manexados polo alumnado deste nivel educativo. |