|
|
Tes algún amuleto que che dea boa sorte?
Evitas pasar por baixo das escaleiras?
Cres que o numero 13 dá mala sorte?
Pides un desexo antes de soprar as velas dunha tarta de aniversario?
Se respondeches que si a algunha destas preguntas é que eres algo supersticioso. Pero, non te sintas apenado se cres nalgún destes ou outros mitos ou supersticións. Desde que o home existe, sempre tivo a tendencia a crer en fenomenos sobrenaturais, mitos populares ou sucesos inexplicables. A superstición defínese como o sentimento á marxe da razón, polo que se cre que certas cousas ou signos teñen misteriosamente boas ou malas consecuencias, é dicir, atribuír a causas sobrenaturais ou máxicas, fenomenos que non admiten unha explicacion lóxica.
Todas as culturas, sen excepcion, contan con crenzas, mitos e supersticiones. Pasar por baixo dunha escaleira ou que un gato negro se nos cruce por diante, implica mala sorte. Pola contra, atopar un trevo de catro follas ou tocar madeira, traeríanos boa sorte. Estas supersticiones reflicten a crenza en que un determinado fenómeno ou situación ten unha explicación máxica ou simplemente asumida culturalmente sen ningún tipo de demostración científica.
|
|
|